Free cookie consent management tool by TermsFeed
Moverse na cidade
imprimir

Moverse na cidade

Santiago de Compostela é unha cidade de estrutura sinxela. O seu centro é o chamado ‘casco histórico', que corresponde aproximadamente ao espazo que dende o século XI en diante foi delimitado por unha muralla, hoxe desaparecida. A denominación é extensíbel ademais a algunhas rúas limítrofes con esa grande zona monumental, pois entran baixo o plano de protección, conservación e rehabilitación trazado polo concello.